‘A Pastoriña’, relato seleccionado no concurso Curtas de animais fantásticos

O meu soño de comezar a escribir en galego e dedicar, así, unha parte da miña literatura a miña lingua nai está dando os seus froitos. Ler, escribir recensións e escribir relatiños (e unha historia longa que, pouco a pouco, vai tomando formas) foi a maneira que decidín para levar a cabo este compromiso comigo mesma e coas miñas raíces.

O concurso de relatos Seres fantásticos e onde atopalos, convocado dentro da celebración anual do cine e a banda Curtas Fest de Vilagarcía de Arousa, coa temática de este 2019 centrada no fantástico mundo de Harry Potter.

Dúas das miñas paixóns xuntas nun momento no que só buscaba arrincar este proxectos. E alí fun, mergullándome nas mellores lendas e historias onde atopar criaturas fantásticas na xeografía de Galicia. Ao final atopeime cunha pastoriña que… en fin, teredes que ler o relatiño que sairá publicado no contexto do festival, no mes de outubro.

Alí nos veremos, se queredes, enchendo as rúas de literatura e de maxia que é o que mellor se me da facer.

Antes de rematar esta entrada, quería agradecer a Maite Mosconi polo seu apoio nesta etapa de escribir en galego por confiar en mín. A Silvia Paz por crer na historia desta peculiar cadela branca. Que ela, por certo, tamén está seleccionada do cal non me podo alegrar moito máis.

Aquí vos deixo a páxina onde se fixo oficial o fallo e o precioso cartel do concurso.

Lémonos?

Fantasia_cab.jpg

2 comentarios en “‘A Pastoriña’, relato seleccionado no concurso Curtas de animais fantásticos

  1. Ana dijo:

    Miña querida Miriam:
    Meus parabens!!! Cando algo sae do corazón con tantas ganas e con tanta paixon o final vese claramente e algo asi no pasa desapercibido!!
    Goza desta boa noticia que sen dubida era para sentirse orgullosa!!
    Biquiños enormes ruliña!!

Responder a Ana Cancelar respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s